Edificio Redeiras

O novo edificio institucional da Universidade de Vigo, situado na praza do Berbés de Vigo, conta con 18 postos de traballo individuais, distribuídos en seis mesas de tres postos cada unha.
A comunidade universitaria poderá empregar este espazo de cotraballo de luns a venres, en horario de 9.00 a 21.00 horas. Do 1 de xullo ao 31 de agosto, este espazo estará dispoñible e de 9 a 14.00h.

Insira o correo electrónico asociado coa súa conta de usuario. Seu nome de usuario será enviado ao enderezo correo electrónico .

INSTRUCIÓNS

1. Selecciona a data e hora de inicio e final na que desexas empregar o espazo.

2. Escribe o número de persoas previsto.

4. Preme "Buscar oco". Se a túa escolla está dispoñible, continúa cos teus datos, de non ser así, busca un oco libre.

5. Enche os teus datos: nome e apelidos, enderezo electrónico da Uvigo e teléfono. 

6. Preme no botón "Reservar".

7. Se todo está correcto, recibirás un correo electrónico de confirmación cos datos da súa cita.

8. No caso de non recibir o correo nos seguintes 15 minutos, a cita non foi validada e debes repetir a solicitude.

Edificio Redeiras
Edificio institucional da Universidade de Vigo no Berbés
Praza do Berbés 11
36202 Vigo