Edificio Redeiras

O novo edificio institucional da Universidade de Vigo, situado na praza do Berbés de Vigo, conta con 18 postos de traballo individuais, distribuídos en seis mesas de tres postos cada unha.
A comunidade universitaria poderá empregar este espazo de cotraballo de luns a venres, en horario de 9.00 a 21.00 horas. Do 1 de xullo ao 31 de agosto, este espazo estará dispoñible e de 9 a 14.00h.

Edificio Redeiras
Edificio institucional da Universidade de Vigo no Berbés
Praza do Berbés 11
36202 Vigo